lunes, 24 de mayo de 2010

Diálogo a tres voces

→ Mirada vacía de ollos inexpresivos
Ollar unha pantalla de ilusións que te transporta a mellores mundos
Levantar a vista, caos, desorde,….
Un intre de humanidade no recuncho mais fondo da túa cabeza, que pronto elimina teu cerebro de circuítos integrados

― Non son mais que datos innecesarios, cúmulos de casualidades, persoas inoportunas en momentos desafortunados… Esquéceo!

∞ Mais son ese momentos os que nos forman, os que me confortan e conforman nosa imaxe…

― Ollate, mísero, ferido, magoado, non és mais que un animal esperando a ser rematado,….
Realmente queres seguir sendo esa alma de despoxos reformada?

∞ Non importa,… xa non…

→ Verbas vacías no fondo dos teus oídos, voces coñecidas de xente descoñecida

∞ Quen son?...

― Ilusións, pantasmas doutro mundo, meros recordos de mellores tempos; non máis que un holograma do teu pensamento.

∞ Non importa,… xa non…

― Erguerse de súpeto,…
Camiñar entre os retais dunha vida que construíches

→ Para que construír algo que co tempo será destruído?, eliminado, tildado de erróneo e sepultado.
Para que apreciar o efémero se non será recordado mais tempo que a visión da súa construción?…

∞ No efémero das accións e momentos radica a súa beleza, en ser intanxibles por breves e únicos…

→ Tan efémeros serán nos momentos como nos recordos;… inútiles esforzos para tratar de demostrar o longo da vida humana,…

∞ Non importa,… xa non…

― Camiñar entre marionetas, ver os fíos que manexan un mundo que parece moverse polos engrenaxes das sete damas de negro e sangue tinguidas,…

→ Para que mirar un mundo decadente e condenado?, non son mais que desfeitos doutra era!

∞ Aínda poden ser salvados, neles atópase a vontade de ser libres…

→ De que serve ser libres se as regras polas que foron condenados e castigados dende a noite dos tempos son as únicas que coñecen?

∞ Non importa,… xa non…

― Sentarse a esperar, ver o tempo pasar
Olvidado todo o que fuches, unha bágoa pola meixela comeza a baixar

→ Non oes, nin ves, nin falas, ignoras os males que asolan e azoutan a humanidade, non tes recordos que esquecer nin vontade que seguir,…. Porque chorar?

∞ Non importa,… xa non…

― Derradeira bágoa que no esquezo cae, no xardín desta vida, no páramo da soidade.
Ti corpo inhumano, ti circuíto integrado, ti que descansas no xardín da túa desgraza, enterra ti a efémera alma, dálle enterro ao ser que te acompaña, pois sen o motivo do teu ser, ti non és nada

→ Non importa,… xa non…

martes, 26 de enero de 2010

Camiñante peregrino

Unha vez vivín nun soño

Era un soño moi real

Era un mundo de ilusións

Unha esfera cor cristal

Son consciente que soñaba

Son consciente que espertei

Son consciente que agora vexo

Son consciente que fracasei

Vida trocada en fermosa morte

Luz trocada en escuridá

Auga trocada en vermello sangue

Balbordo trocado en calma e paz

Quero ver este mundo

Tal como é, real

Mais quero pechar os ollos

E alonxarme así de este mal

Tento fuxir e non podo

Mais todo se marcha cando quero quedar

Tento gritar e faise o silencio

Silencio de verbas que rasgan o ar

Busco soidade na fría noite

Mais a luz ate ai chega xa

Apaga ti esas grandes farolas

Que non me deixan ver con claridá

Quebro o silencio con palabras

Palabras que ninguén ha de escoitar

Pois neste mundo de bocas

Poucas orellas podes atopar

Canso me atopo e me deito

Canso xa deste mundo real

Pensando que igual non penso

Senón que este mundo estou a inventar

Invento con cada verso

Invento novo lugar

Invento outra realidade

Outra esfera de cristal

e se agora estou soñando?

Ese isto non é real?

E se se trata doutro engano?

Doutra esfera de cristal?

Canso xa de tanta espera

Canso xa de non espertar

Busco no mundo unha peza

Algo que me indique que camiño tomar

Unha curuxa a min se achega

Unha curuxa verde mar

Unha curuxa que se arrastra

Unha curuxa sen fogar

Xa atopei miña resposta

Xa atopei o meu final

Xa busco nos meus adentros

Pequena esfera de cristal

din resposta ao meu enigma

Eu ao fin son libre xa

Pois neste mundo de bonecos

Eu posúo unha verdá

Eu vos espero ao outro lado

Eu vos vexo tras gran ventá

Como en círculos dades voltas

E como o circulo se estreita xa

Como é que non vos dades de conta

Que vos estou a imaxinar?

Sodes liñas do meu lapis

Sodes trazos nun _________

Collo a goma e borro o mundo

Outra historia hei de inventar

Outra historia na que soñe

Que regresei ao meu fogar

Unha historia moi fermosa

Unha historia de principio e final

Unha historia na que busco

Linda esfera de cristal

Busco o eco dos meus pasos

Busco o recendo da mañán

Busco o son de suave brisa

Que achega recordos dun futuro temperán

Un futuro que te avisa

Que túa vida non ten final

Eres ti unha parada no camiño

Eres ti un peregrín

sen meta a onde chegar

Eres un eterno camiñante

Déixame acompañarte morte

Acompañarte ao teu fogar

Son fríos teus pasos

E longo teu camiñar

son recendo teus versos

Mais moi lonxanos para admirar

Dime ti triste poeta

Porque a esta vida lle pos final

Pois nada ai mais fermoso

Como un verso sen rematar

Non te alonxes ti hoxe moito

Pois case xa non te podo escoitar

Non te alonxes ti hoxe

Pois teu son quero escoitar

oír o cheiro dos teus versos

imaxinar ese triste camiñar

Ese paso sen sentido

Esas letras ao azar

Ese corazón malferido

Ese poema sen final

Acaricia meus oídos

Suave vento da mañá

Acaricia miñas bagoas

Conxélaas ti no teu eterno camiñar

Non as deixes que broten

Non as deixes que poidan arraigar

Pois é a pena arraigada

Moi difícil de podar

Son raíces moi fondas

Pois ate o corazón han chegar

son follas que non morren

perennes ate o final

medra delas doce flor

que de salgado arrecendo te han abrigar

mais teñen dolorosas espiñas

que atado te han deixar

uns lazos de negro luto

uns lazos de negro alquitrán

que te atan lentamente

que te atan de pes e mans

so ás veces un sorriso

so ás veces un lento andar

so ás veces un suspiro

so ás veces un falar

so ás veces me atopo

con doce camiñante sen destino final

so ás veces me esperto

so ás veces consigo soñar

so ás veces me descentro

so ás veces atención chego a prestar

so ás veces son eu

son eu peregrino de camiño sen rematar

so ás veces escoito

so ás veces chego a oír xa

so ás veces respiro

so ás veces deixo de respirar

so ás veces son escena

onde camiñante e peregrino se han atopar.

miércoles, 30 de diciembre de 2009

Pensar

noites tentando durmir, mais no consigo,
venme neses momentos á mente unha sinxela pregunta.
por que? por que ti, Morfeo, en min non reparas cando da vida real quero escapar
cando o teu máxico mundo é no único no cal son quen de ter paz?
Só cando xa acabo acurralado por este mundo,
só cando un grito afogado é o que me aliviará, cando unha bagoa está a piques de escapar,
cando so me queda o remedio de ir cara adiante e non volver atrás,
so cando dun chasquido o mundo son capaz de calcinar,
so nese momento me ves a parar, me acubillas no teu regazo e me volves dar paz.
Deixame ti caprichoso morfeo, alonxate de min ou conmigo quedate e non me deixes mais,
mais completa a miña vida dandolle un novo principio ou un eterno final.

domingo, 29 de noviembre de 2009

O santuario escuro

Inauguro este blog cun poema que creei ai tempo e q xa me serviu antes para inaugurar outro dos meus espazos na rede:

Miro ao redor
Vexo xente, ruindade, pavor
Tento fuxir
Mais presa son de tanto fedor
Alguén se me achega
Ao ver tal desconsolación
Dime ola
Con toda despreocupación
Un saúdo
A mais antiga mostra da traizón
Hei de contestar
Mais cun saúdo non!!!
Digo ola
Caio así na perdición
Unha superficial charla
Unha zafia conversación
Unha maraña de fíos
Do xogo, un sinxelo peón



Xq o corno de heimdall soou
E o ragnarok xa chegou,
A destrución d todo tal e como o coñecemos xa rematou
E das súas cinzas un novo mundo comezou

Espero que vos guste