lunes, 24 de mayo de 2010

Diálogo a tres voces

→ Mirada vacía de ollos inexpresivos
Ollar unha pantalla de ilusións que te transporta a mellores mundos
Levantar a vista, caos, desorde,….
Un intre de humanidade no recuncho mais fondo da túa cabeza, que pronto elimina teu cerebro de circuítos integrados

― Non son mais que datos innecesarios, cúmulos de casualidades, persoas inoportunas en momentos desafortunados… Esquéceo!

∞ Mais son ese momentos os que nos forman, os que me confortan e conforman nosa imaxe…

― Ollate, mísero, ferido, magoado, non és mais que un animal esperando a ser rematado,….
Realmente queres seguir sendo esa alma de despoxos reformada?

∞ Non importa,… xa non…

→ Verbas vacías no fondo dos teus oídos, voces coñecidas de xente descoñecida

∞ Quen son?...

― Ilusións, pantasmas doutro mundo, meros recordos de mellores tempos; non máis que un holograma do teu pensamento.

∞ Non importa,… xa non…

― Erguerse de súpeto,…
Camiñar entre os retais dunha vida que construíches

→ Para que construír algo que co tempo será destruído?, eliminado, tildado de erróneo e sepultado.
Para que apreciar o efémero se non será recordado mais tempo que a visión da súa construción?…

∞ No efémero das accións e momentos radica a súa beleza, en ser intanxibles por breves e únicos…

→ Tan efémeros serán nos momentos como nos recordos;… inútiles esforzos para tratar de demostrar o longo da vida humana,…

∞ Non importa,… xa non…

― Camiñar entre marionetas, ver os fíos que manexan un mundo que parece moverse polos engrenaxes das sete damas de negro e sangue tinguidas,…

→ Para que mirar un mundo decadente e condenado?, non son mais que desfeitos doutra era!

∞ Aínda poden ser salvados, neles atópase a vontade de ser libres…

→ De que serve ser libres se as regras polas que foron condenados e castigados dende a noite dos tempos son as únicas que coñecen?

∞ Non importa,… xa non…

― Sentarse a esperar, ver o tempo pasar
Olvidado todo o que fuches, unha bágoa pola meixela comeza a baixar

→ Non oes, nin ves, nin falas, ignoras os males que asolan e azoutan a humanidade, non tes recordos que esquecer nin vontade que seguir,…. Porque chorar?

∞ Non importa,… xa non…

― Derradeira bágoa que no esquezo cae, no xardín desta vida, no páramo da soidade.
Ti corpo inhumano, ti circuíto integrado, ti que descansas no xardín da túa desgraza, enterra ti a efémera alma, dálle enterro ao ser que te acompaña, pois sen o motivo do teu ser, ti non és nada

→ Non importa,… xa non…

No hay comentarios:

Publicar un comentario